Ás 16.00 horas do día de onte a garda civil recibiu unha chamada dunha persoa que dicía estar atrapada no seu vehículo. Trasládase patrulla de tráfico e observan nun camiño en fronte nave Leroy Merlin como un coche esta encajonado entre dous muros nun camiño rural e sen posibilidade de avance ou retroceso. Un axente entra polo portelo e conseguir avanzar 20 metros .

Despois os axentes axudados de tres veciños da zona retiran pedras e ás 16.45 horas conseguir liberar o vehículo.
No vehículo viaxaba un matrimonio de Asturias que se dirixía a un restaurante e seguindo instrucións do navegador atopáronse nesa situación.
A garda civil acompáñoos ata o hotel onde se hospedadan e está mañá tras entrevistarse con eles xa emprendian marcha.