O Carballiño CCA premia as compra no comercio local co sorteo dunha experiencia balnearia

O Carballiño CCA anuncia a súa campaña de San Valentín, que terá lugar ata o 14 de febreiro baixo o lema “Merca co Corazón”.

Durante toda a semana de San Valentín os establecementos asociados ofrecerán unha gran variedade de produtos e servizos para que os clientes busquen o agasallo perfecto para os seus seres queridos. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Un dos principais atractivos desta campaña é o sorteo dunha experiencia en parella no balneario de Caldas de Partovia. Para participar no sorteo deberán rexistrar os seus tickets de compra na web oficial do Carballiño CCA. O premio inclúe a baño na bañeira de ying yang, acompañado de froitas frescas e cava, para unha experiencia relaxante e romántico.