O Plan de Mandato “Ourense 2127” sumará 100 medidas: “Un programa de goberno planificado, participativo e que realizaremos con maioría absoluta na Deputación”, destaca Manuel Baltar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • “Os veciños que o 28 de maio voten PPdeOU en cada concello estarán votando tamén para a Deputación, e para que o goberno provincial implemente as medidas comprometidas neste programa, cun candidato á presidencia do goberno provincial”, sinala o presidente do PPdeOU
  • Manuel Baltar remarca a planificación e a transparencia como dous dos eixos centrais do novo Plan de Mandato, nestes momentos en fase de elaboración e que presentará en Celanova o vindeiro 29 de abril: “Deseñamos este documento antes das urnas, coas cartas boca arriba, e incidindo especialmente na participación interna e externa”
  • O PPdeOU, define o presidente provincial e candidato á reelección na presidencia da Deputación de Ourense, “é un partido aberto construído arredor do diálogo e a escoita”. Ademais das achegas procedentes do traballo orgánico, o “Ourense 2127” sumará proxectos procedentes da conversa coa sociedade: os ourensáns tamén poderán enviar as súas propostas directamente a través do correo electrónico ourense2127@ppou.es e por whatsapp, ao 676 594 001
  • “Sería desexable que as outras forzas políticas tamén operasen nesta dinámica, facendo público un candidato á presidir a Deputación e as propostas que porían en marcha, se fose o caso -que non o vai a ser-, de gobernar esta institución a partir do 28-M”, destaca Manuel Baltar

8, abril, 2023. O Partido Popular de Ourense traballa nestes momentos na elaboración do Plan de Mandato “2127”, co que o PPdeOU presentarase ás eleccións municipais do 28 de maio prantexando o proxecto provincial para os vindeiros catro anos da man do presidente e candidato á reelección na Deputación, Manuel Baltar, que dará a coñecer as liñas mestras do documento, con 100 medidas de goberno, nun acto público o sábado 29 de abril, en Celanova. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“O 28 de maio sairán das urnas tanto os gobernos locais dos 92 concellos e da entidade local menor de Berán coma a configuración da corporación provincial”, lembra Manuel Baltar, “e por iso o PPdeOU, como xa fixemos en 2015 e 2019, presentarase a estas eleccións con 92 programas de goberno en cada un dos 92 concellos ourensáns e cun Plan de Mandato provincial”. 

O presidente provincial avanza que este programa de goberno -“2127”, polos metros de altitude de Pena Trevinca- abarcará 100 medidas e o seu momento de posta en marcha ao longo dos vindeiros catro anos. “Os veciños que voten PPdeOU en cada un dos 92 concellos ourensáns estarán votando tamén para esta Deputación, e para que o futuro goberno provincial realice as medidas comprometidas neste programa electoral. E todo cun candidato á presidencia do goberno provincial”. 

Un programa de goberno planificado, transparente e participativo

Manuel Baltar remarca a planificación e a transparencia como dous dos eixos centrais do Plan de Mandato: “Elaboramos este documento antes das urnas, coas cartas boca arriba, e incidindo especialmente na participación interna e externa”. 

No plano interno, o documento nútrese do traballo realizado polo propio partido, con fitos coma a xuntanza de traballo do pasado 1 de abril previa á presentación dos 92 candidatos ás eleccións do 28 de maio. “Un encontro no que os cabezas de lista, divididos por partidos xudiciais, prantexaron e perfilaron cuestións de carácter supramunicipal, comarcal ou provincial, alimentando ideas e proxectos que serán incorporados a este Plan de Mandato”, celebra Manuel Baltar. 

Ademais deste traballo orgánico, o PPdeOU, define o presidente provincial, “é un partido aberto construído arredor do diálogo e a escoita”. Por iso, o Partido Popular de Ourense, dentro do “constante diálogo co tecido asociativo da provincia”, sumará ao “Ourense2127” proxectos procedentes desta conversa coa sociedade. Os ourensáns tamén poderán enviar as súas propostas para o Plan de Mandato “Ourense 2127” directamente a través do correo electrónico ourense2127@ppou.es e por whatsapp, ao 676 594 001.

Manuel Baltar invita “ao resto de forzas políticas a operar nesta dinámica provincial”

Manuel Baltar lamenta que o resto de partidos non traballen en clave provincial. “Polo ben de Ourense, sería desexable que as outras forzas políticas tamén operasen nesta dinámica, facendo público un candidato á presidir a Deputación e as propostas que porían en marcha, se fose o caso -que non o vai a ser-, de gobernar esta institución”. 

“Fronte a este desleixo”, remarca o presidente provincial, “o PPdeOU ten capacidade e solvencia para repetir o esquema de 2015 e 2019, e todos os veciños ourensáns poderán coñecer antes do 28 de maio o que queremos facer coa provincia e co seu goberno nos próximos catro anos”. 

E para cumprir os obxectivos marcados neste Plan “Ourense 2127”, explica Manuel Baltar, “para iso é para o que queremos acadar a maioría absoluta na Deputación: para executar un programa de goberno planificado, pensado, participativo e comunicado previamente aos votantes”.