Segue a venta de entradas para a primeira Romaría das Pulpeiras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este sábado, día 22, terá lugar a primeira Romería das Pulpeiras, organizada pola  Asociación Pulpeiros do Carballiño ca colaboración do concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Haberá un xantar con menú pechado cuxo prezo será de 35 euros/persoa. Os tickets pódense adquirir na Pulpería Fuchela, na Pulpería Tapería Plaza e na tenda O´Ruan.

Ademais haberá outra carpa para poder xantar fóra do menú pechado, incluso coa opción de poder levar a comida da casa ou ben mercala no posto de venda ao público.

A velada contará con diversas actuacións musicais como “Tira da Billa”, a Banda de Gaitas e Danzas do Irixo e Os Liborianos, Dj Tibu e verbena a cargo da Orquestra Charleston Big Band.