Xa pasaron 15 días desde que “Pistón”, foi tirado polo seu dono dende o viaduto do Viñao. Foi atopado dous días despois por uns sendeiristas e rescatado pola Garda Civil. Onte mércores foi dado de alta das lesións leves que presenta, a pesar da caída dende 100 metros. O xuíz que leva o seu caso acordou que cando estea recuperado, podería ser dado en adopción.
Agora atópase no Cuartel da Garda Civil, quenes nun primeiro momento pensaron na súa adopción, pero finalmente terá unha nova familia.
Todos os servizos veterinarios terán que ser abonados polo acusado unha vez sexa condenado.
Os interesados en ser a súa familia adoptante deberán acudir ó cuartel. Os gardas seguirán este proceso de cerca para asegurarse de que acaba en boas mans, e nunha casa adaptada ó seu tamaño e necesidades.