Os galardóns Galicia TIC recoñecen o traballo do goberno provincial na categoría “Dixitalización dos servizos ao cidadá”
A deputada Luz Doporto recibiu esta mañá a distinción da Revista Sociedad de la Información Digital
Ourense, 20 de abril de 2023.- O modelo de transformación dixital da área de Benestar da Deputación de Ourense ven de ser recoñecido nos Premios Socinfo Dixital Galicia TIC na categoría de “Dixitalización dos servizos ao cidadán”.
A deputada Luz Doporto recibiu esta mañá en Santiago o premio das mans de Carolina Sánchez, directora da Revista Sociedad de la Información Digital -impulsores destes premios-.
O proxecto da Deputación de Ourense de dixitalización da administración para garantir a non exclusión dixital superou, entre outras, ás candidaturas do Sergas, do Concello da Coruña ou do Concello de Vigo.
O premio recoñece o traballo realizado pola área de Benestar da administración provincial na implementación, a escala local, do principio de que todo proceso de dixitalización na administración ten que facerse desde a regra de que “todas as persoas deben poder gozar das oportunidades que ofrece a dixitalización e ninguén debe quedar atrás” , un principio contido na “Declaración de Berlín” sobre a sociedade dixital e a administración dixital baseada en valores e na Carta dos dereitos dixitais.