Foi a semana pasada cando un grupo de traballadoras e traballadores da residencia Quercus de Leiro tomaron a decisión de confinarse para evitar riscos aos maiores que coidan. Para iso solicitaban un sitio onde pernoctar. Un empresario da zona ofreceulles unha casa rural. Visitaron á mesma vendo que se adecuaba ás súas necesidades e desde este domingo pasado xa están ali aloxadas. En dúas quendas entran á Residencia para atender aos usuarios. O resto do persoal ( por ter impedimentos familiares ) permanecerá nos seus domicilios tras chegar a unha solución pactada coa dirección sen que teñan que ir a traballar. O número de coidadoras é de 18 (mulleres e homes )

Xesto solidario destas traballadoras e traballadores que é de agradecer nestes tempos tan complicados