O BNG deu a coñecer o seu proxecto deportivo de cara ao 28M situándoo como un dos eixos fundamentais para a transformación de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nunha reunión na que participou unha ampla representación do deporte ourensán, Luís Seara avanzou que a construción de novas infraestruturas deportivas e o aumento das subvencións da liña 2 do CMD, as de concorrencia competeitiva, até o 1,5 millóns de euros ao remate do mandato, son os eixos fundamentais dun proxecto amplo e moi ambicioso

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 22 de abril de 2023. O BNG de Ourense segue avanzando na súa folla de ruta de cara ás eleccións municipais do 28 de maio e faino, tal e como ven acontecendo nos últimos meses, dando a coñecer as principais liñas de actuación do seu programa de goberno e os proxectos transformadores e definidos polos nacionalistas logo de meses dunha intensa interlocución social.

Esta mañá foi o turno do deporte, un ámbito que segundo destacou o actual Portavoz municipal e candidato á alcaldía Luís Seara, “habitualmente pasa desapercibido para a meirande parte dos partidos, os cales soen enunciar nos programas ideas xenéricas e pouco concretas”.

Para Seara, “no BNG temos claro que o deporte é un ámbito fundamental desde o punto de vista da cohesión social, e o dinamismo económico, socia e turístico ao tempo que contribúe a aumentar a autoestima colectiva e o orgullo, razóns todas elas polas que para nós, o deporte, é un dos piares fundamentais para abordar a transformación que queremos para Ourense”.

A construción de novas infraestruturas deportivas que contribúan a paliar o déficit existente, nomeadamente o proxecto para un novo Estadio de fútbol no Couto e a transformación do actual nunha cidade deportiva, a construción dun pavillón adaptado á práctica da ximnasia, dun rocódromo e dunha piscina olímpica na finca Santamariña, un campo de fútbol federativo na Carballeira, un novo pantalán e instalacións para os deportes náuticos na Batundeira así como as melloras e ampliacións das infraestruturas deportivas dos barrios e parroquias do Concello son as propostas do BNG no tocante ás infraestruturas.

No relativo ás axudas que reciben os clubes, desde o BNG comprométense a aumentar a contía que estes reciben do CMD a través da liña 2 de subvencións, as de concorrencia competitiva, até acadar os 1,5 millóns de euros adicados a esta partida ao remate do mandato, Luís Seara deixou claro diante dos clubes que “somos contrarios ás subvencións nominativas pero entendemos preciso aumentar as axudas que reciben os clubes, por iso entendemos preciso que a través dun proceso regrado, limpo e transparente como é a concorrencia competitiva, todos poidan ver incrementadas sustancialmente as axudas que actualmente reciben”.

Seara tamén avanzou melloras de funcionamento interno no CMD, así como adiantou a posta en marcha de programas formativos para o seu persoal e a posta en marcha dun grupo sobre violencia no deporte que recolla as denuncias e as queixas máis, sobor de todo, “elabore estratexias para previla e poder traballar así a prol da ética no deporte”.