O Carballiño converteuse na capital galega do ciclismo esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño converteuse esta fin de semana de capital galega do BTT, con tres eventos do calendario. O sábado tivo lugar o Campionato de Galicia XCEliminator comezando cunha contra reloxo individual que serviu para organizar os cadros antes da disputa das eliminatorias, carreiras con catro participantes nas que se poñían en xogo dous billetes para a seguinte rolda. 

O triplo evento organizado polo Club Ciclista Carballiño, reuniu a preto de 900 bikers, e continuou o domingo pola mañá co VI Mini BTT e a Copa XCO. Falamos tamén cos protagonistas da xornada, algúns deles participando en familia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén falamos con Irene Trabazo e Jorge Punzón defensores dos títulos acadados o ano pasado en Marín, na cuarta edición do autonómico de Eliminator e gañadores tamén este ano.