Programa de goberno do PSdeG-PSOE para O Carballiño: Alumeado do templo da Veracruz e Plan de Sostibilidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Templo da Veracruz é o monumento máis emblemático do Carballiño, e por iso contará nos próximos meses cunha nova iluminación artística exterior con lámparas led que realzará a visión nocturna desta xoia da arquitectura contemporánea galega e española. Asimesmo, contémplase mellorar a iluminación da praza na que está ubicado o monumento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

>>  O proxecto conta co financiamento da Unión Europea e será executado nos próximos meses con fondos Next Generation, xa concedidos polo goberno central cun montante de 1 millón de euros, que se destinará a esta iniciativa e outras contidas no Plan de Sostibilidade Turística denominada “O Carballiño e a gastronomía do pulpo”.

>>  Este mesmo Plan tamén diversas actuacións no Parque Municipal, a rehabilitación e acondicionamento enerxético das pallozas do cámping municipal, a ampliación do Sendeiro do Arenteiro, Museo da Fábrica do Papel e  a mellora da eficiencia enerxética, a transición dixital e da competitividade.