O grupo de Espazo Común do Carballiño vén de amosar a súa postura crítica cos proxectos que ten anunciado o equipo municipal de goberno (PSOE e PP), “namentres son incapaces de resolver os problemas máis acuciantes que afectan á cidadanía, mentres sí que teñen tempo e cartos (públicos) para elaborar proxectos fantasma, que anuncian con gran algarabía presentando montaxes e fotos fantásticas. Iso sí, para despois dicir que non teñen aínda financiación nin prazo para a súa execución”.
Neste sentido, poñen o exemplo “da Praza de Abastos, que segue a esmorecer sen que se saquen a concurso os postos baleiros en tanto o goberno anuncia que ten unha fantasía de 1,5 millóns de euros, pero que non se sabe nin para cándo nin con qué se van pagar”. E dende Espazo Comón engaden que, “non hai tanto, pasaba o mesmo co estadio de fútbol da Uceira, outra fantasmada que nin eles mesmos chegaron a crer nunca pero na que xa levan gastados milleiros de euros en anteproxectos e informes para modificación de chan”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“Poderiamos incluír neste lote a ampliación do Parque Empresarial ou o Centro Integral de Saúde obras das que levamos escoitando falar dende hai 11 e 5 anos, respectivamente, e que avanzan a un ritmo insoportablemente lento”, manifestan. “Menos mal que o acordo PPSOE era ‘polo ben do Carballiño’, porque se chega a ser ‘polo mal’ … “, conclúen dende Espazo Común.

















