A Xunta cinguirá a limitación de reunión con non conviventes ós xoves, venres e sábados

A Xunta de Galicia limitará o límite horario das reunións de non conviventes entre as 03.00 horas e as 06.00 horas, en espazos públicos e privados, aos xoves, venres e sábados, logo da reunión da subcomisión clínica. Así mesmo, acordou prorrogar o resto das medidas polo menos dúas semanas máis, ata que remate a sexta onda.

En canto ao proceso de vacinación, a subcomisión mostrouse preocupada pola incerteza de reducir de 6 a 3 meses o período de tempo que debe transcorrer dende a administración da segunda dose para poder administrar o reforzo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou á subcomisión de que se procederá a elaborar un protocolo para a festa do Entroido, datas nas que adoitan producirse aglomeracións.