Manuel Baltar: “Fernando Redondo é o mellor alcalde posible para San Amaro, un concello que co Partido Popular seguirá medrando nos próximos anos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Fernando Redondo aposta pola colaboración institucional para desenvolver novas iniciativas estratéxicas, como a creación de vivendas sociais 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde ao carón do centro de saúde, “o excelente traballo de Fernando Redondo ao fronte do Concello de San Amaro”
  • “Fernando Redondo foi a solución para San Amaro, e o seguirá sendo despois do 28 de maio. Porque San Amaro necesita estabilidade para medrar, e el foi quen de acadala neste tempo ao fronte do Concello, nun traballo que realizará desenvolvendo nos próximos anos”
  • “Fernando Redondo acredita bonhomía, talante, dedicación, traballo e a capacidade de converter en realidade proxectos demandados pola veciñanza dende hai moito tempo”
  • “El é o mellor candidato, ten a mellor candidatura e o mellor programa, con novos proxectos dinamizadores perfectamente realizables. 
  • “A Deputación de Ourense precisa de proxectos municipais ben deseñados, para tecer liñas de cooperación e seguir avanzando. Este traballo o coñece perfectamente Fernando Redondo e o seu equipo”
  • O Plan de Mandato 2127, lembrou Manuel Baltar, inclúe medidas para seguir potenciando o medio rural, ademais da blindaxe dos servizos públicos e facilitar o emprendemento da mocidade

FRANCISCO CONDE: “FERNANDO REDONDO ALÍASE CO SECTOR PRIMARIO E FAVORECE O IMPULSO AO EMPRENDEMENTO”

  • “O Partido Popular é o partido que ten un proxecto pensado no benestar dos veciños e veciñas, como demostra Fernando Redondo no seu traballo ao fronte do Concello”
  • “As propostas de Fernando Redondo están pensadas para facer do sector primario un aliado, así como para impulsar o emprendemento e a implantación de novas empresas co obxectivo de que as novas xeracións teñan oportunidades para facer un proxecto de vida en San Amaro”

FERNANDO REDONDO: “CONTAREMOS CON FIBRA ÓPTICA NO 100% DOS NOSOS POBOS”

  • O candidato popular afondou na súa intervención desta tarde nas liñas mestras do seu programa, recalcando a importancia da colaboración coa Deputación de Ourense e coa Xunta de Galicia para “seguir construíndo San Amaro”
  • “Continuaremos coa mellora da cobertura móbil e traballamos para contar con fibra óptica no 100% dos nosos pobos”
  • Dentro dos proxectos estratéxicos, Fernando Redondo sinalou a creación de vivendas sociais -“Poremos a disposición dos veciños vivendas asequibles”- e o reforzo do programa de axudas as familias, con bolsas de 150 euros para os nenos matriculados no colexio e un servizo de conciliación gratuíto
  • O candidato popular incidiu na potencia turística e cultural do concello, con iniciativas como o Festival Celta ou a Degustación do tinto de San Amaro -“e seguiremos reclamando a entrada na DO Ribeiro”-
  • “Apostamos polo fomento da vida social entre a veciñanza, con cursos e programas para loitar contra a soidade non desexada”, sinalou Fernando Redondo, que tamén incidiu na importancia de seguir desenvolvendo actividades para a mocidade, como a segunda edición da Festa de Fin do Verán, a II Ruta Cabalar ou o Magosto