A Xunta abre hoxe o prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís

As familias que solicitaron praza para o vindeiro curso 2023-2024 nas máis de 170 escolas infantís públicas autonómicas poden consultar as listaxes definitivas de admitidos na páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude. A partir de hoxe ábrese o prazo para formalizar a inscrición e remata o 14 de xuño.

O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Administración autonómica está fixado para o 5 de setembro.

AVANTAR ACTIVIDADES

No vindeiro curso, a atención educativa volverá ser gratuíta para o 100% do alumnado de todas as escolas infantís galegas, nas que forman parte da rede pública autonómica da Xunta e nas que dependen dos Concellos, nos de iniciativa social e nos privados.