O Marcos Valcárcel acolle a exposición “No interior do abandono”, de Carlos Lorenzo e Baldo Ramos

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle ata o vindeiro 25 de xuño a exposición “No interior do abandono”, de Carlos Lorenzo e Baldo Ramos. 

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde na inauguración da mostra acompañado polos dous artistas e o director do centro cultural, Francisco González. 

AVANTAR ACTIVIDADES

“No interior do abandono” é unha viaxe visual e poética polas aldeas do rural galego que están a sufrir o despoboamento e a desmemoria.

O poeta e artista plástico Baldo Ramos e o fotógrafo Carlos Lorenzo superpoñen o pasado e o presente nas súas obras, facendo sempre pé na súa orixe común nas terras do interior de Ourense e tecendo un diálogo esperanzado e comprometido sobre unha problemática que reclama a nosa atención e complicidade.

Esta exposición nace a partir dun libro co mesmo título e temática onde ambos creadores xuntan fotografía e poesía.