O PP inicia conversas o Carballiño, aínda sen acordos sobre a mesa

O futuro político do Carballiño segue a ser incerto. Restan quince días para que teña lugar o pleno de investidura do futuro alcalde, e as negociacións non deixan nada en claro. O candidato do PP, Lino González, foi o primeiro en chamar ós demais candidatos o pasado luns, reuníndose co socialista Fumega, e obtendo unha resposta negativa por parte de Pachi, de Espazo Común.

Os votos do PP non farán alcalde a ningún outro candidato, mantendo a palabra dada en campaña. No caso de recibir o apoio de Espazo Común para gobernar, estarían dispostos a negociar as condicións.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso de non recibir o apoio, sería a candidatura de Paco Fumega a que conseguiría a alcaldía en minoría, con seis concelleiros. Lino asegura que polo ben do Carballiño tendería a man ao progreso para facilitar o goberno.