O Bng rexistra no Concello de Ourense escrito relativo ás consecuencias derivadas das treboadas do pasado día 28 e 29 de maio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Bng rexistra no Concello de Ourense escrito relativo ás consecuencias derivadas das treboadas do pasado día 28 e 29 de maio nun treito da rúa Celso Emilio Ferreiro de Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

ESCRITO:

Xosé Luís Seara Fernández, Portavoz en funcións do Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense, ao abeiro do Regulamento Orgánico e de funcionamento, diríxese a vostede para lle
EXPOR
Os pasados días 28 e 29 de maio e como consecuencia das fortes treboadas sufridas na cidade, a rede de saneamento nun treito importante da rúa Celso Emilio Ferreiro, sufriu o seu colapso, provocando o afundimento de boa parte da calzada e inundacións en baixos e garaxes.
Como consecuencia, a rúa foi cortada ao tráfico neste treito para proceder as obras de reparación precisas. Obras que acreditamos son de certa complexidade mais que ao noso entender e debido aos prexuízos económicos que esta situación está a ter para os negocios e empresas da zona, deberan desenvolverse coa máxima celeridade e poder deste xeito minimizar ditos efectos.
Ao tempo, e logo de ter falado con comerciantes e veciñas e veciñas da zona,acreditamos que desde entón, nalgúns dos inmóbeis deste treito da rúa, comezaron a aparecer fendas nas paredes e outras anomalías como o descadre das portas en varios pisos que fan temer que a forza da auga puidera ter tido afectación nas cimentacións dalgúns deles.
Por todo isto,
SOLICITO

  1. Coñecer o plan de obras establecido para a reparación dos danos causados polas fortes
    treboadas dos pasados días 28 e 29 de maio na Rúa Celso Emilio Ferreiro e o tempo de duración das mesmas e en todo caso, que se axilicen ao máximo a execución das mesmas e minimizar o impacto que o peche da rúa está a ter para os autónomos e autónomas da zona.
  2. Que por parte dos técnicos do Concello de Ourense se leve a cabo a revisión estrutural dos
    edificios sitos no treito afectado para descartar posibles deficiencias nos mesmos como
    consecuencia do colapso da rede de saneamento
PUBLICIDADE