O Carballiño acolleu a décima edición do teatro transfronteirizo Platta

Esta fin de semana celebrouse unha nova edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador PLATTA “10 anos no fío das linguas”, que escolleu volver este ano ó Carballiño ca colaboración de Tiruleque, o grupo de teatro afeccionado do municipio.

Contou cunha exposición deste dez anos de traballo, ca actuación do grupo galego Hipócrita Teatro, Komo Teatro de Castela e León e Porta de Cena de Portugal.

AVANTAR ACTIVIDADES

O sábado, antes da actuación, fíxose a entrega de premios do obradoiro de “Multiplay e Resolume”, que contou ca presenza do goberno local en funcións e do secretario xeral da Xunta.