Lamentable incidente no PLENO de onte no Carballiño

Onte pola tarde tuvo lugar o pleno correspondente ao mes de marzo. Durante a intervención da Concelleira do Bloque Sofía García foi interrumpida polo Concelleiro do Psoe Manuel Sotelo con uns comentarios machistas. Situación lamentable que non pode repetirse de ningunha maneira. De nada vale aprobar mocións, facer concentracións e outro tipo de medidas se os nosos mandatarios se comportan desa maneira.

Publicidade

O próximo domingo é o Día Internacional da Muller e o Concello desde a Concelleria que dirixe Lupe Sobrado organizou unha serie de actos, pero o acto máis importante é que o Concelleiro Manuel Sotelo admitira de forma contundente o seu erro e pedise disculpas tanto a nivel público como a nivel privado ca concelleira do BNG.