Un cento de coches antigos participan nunha ruta este domingo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Club Galego de Automóbiles Antigos organiza para este domingo o I Memorial a José Luis Blanco Nogueira, o que foi fundador e presidente deste club.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Ruta iniciarase no Carballiño, con exposición dende as 10:00 horas. Ás 12:00 horas collerán camiño, pasando por Leiro, Ribadavia, Cenlle, San Amaro e Maside, parando na casa do conmemorado desta edición. Rematarán cunha comida no parque municipal.

Entre o récord de cen obras de arte que se poderán ver está o Rolls Roice que Rogelio Escaleira nos ensinou.