O BNG de Barbadás considera insuficiente e meramente cosmética a campaña do Concello referida á compostaxe

Desde a formación nacionalista salientan queo proxecto presentadoé soamente para uns centos de familias de A Valenzá, quedando á marxe as miles de persoas que viven nas parroquias, as cales non van ter o servizo”

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 13 de outubro de 2023.O Grupo municipal do BNG no Concello de Barbadás critica a campaña anunciada hai uns días polo Goberno Local relativa ao proxecto de xestión de residuos. Para o Portavoz municipal Sarín Núñez,”venden que cumpren a Lei da Xunta para termos o 5º colector antes do 31 de decembro, pero é falso xa que non é mais que é un proxecto piloto para uns centos de familias de A Valenzá”, e engade, “falan de 600 veciñas e veciños e nós preguntámonos que pasa co resto da veciñanza da Valenzá e coas miles de persoas que viven nas parroquias”.

No BNG Lembran que “o noso Concello ten unha poboación de 12.000 censados e bastante superior, se se computan os residentes non censados”. Tamén reclaman a necesidade de queas familias das parroquias “conten con composteiros individuais pois do contrario seguiranse tirando os restos orgánicos misturados co lixo ordinario, polo tanto que non vendan fume dicindo que existe este servizo en Barbadás, xa que non é certo”.

Sarín Núñez insisten en que “invisten 70.000 € anuais dos orzamentos do Concello nun lavado. Desde o BNG cuestionamos que esta recollida do 5 colector nas distintas parroquias do noso rural, pois preguntámonos que vai pasar cando cheguermos a 40 graos no verán e a recollida non sexa diaria”, Núñez engade, “tampouco hai unha volta do compost para uso no noso Concello, algo que si se efectivizaría coa creación dun servizo municipal que foi a proposta que nós levamos a pleno xa no anterior mandato e que seguimos reiterando a día de hoxe”.