O Carballiño e O Irixo chegan á investidura de mañá sen acordo de goberno

Mañá sábado será día de investiduras, e darase forma ós gobernos municipais nos concellos galegos. No Ribeiro, todos os concellos teñen unha maioría que posibilita un goberno estable, sen incidencias, como a primeira maioría absoluta de Ribadavia para César Fernández. No Carballiño, tres concellos necesitan pactos de goberno, ou pola contra, gobernos en minoría.

Punxín é un deles. Compromiso por Galicia anuncia un pacto de goberno co Partido Popular para garantir a goberno do concello. Manuel Vázquez continua como alcalde, sendo o concelleiro de CxG, Eladio Fernández, tenente alcalde único.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Irixo, non será tan sinxelo. O PP conta cunha maioría simple, pero Xuntos polo Irixo e o PSOE suman para posibilitar o cambio. Despois de reunirse, esta semana aínda non había acordo posible, que se materializará mañá.

No Carballiño, PP e Espazo Común, con cinco concelleiros cada un, reuníanse onte xoves. A reunión foi cordial pero ao mesmo tempo foi corta. Pachi Vázquez esixe a alcaldía e o Partido Popular liderado por Lino González non está disposto ó ser a segunda forza máis votada. O apoio entre ambos ou o goberno en minoría do PSOE de Fumega serían as opcións viables.