Despois da imposibilidade de pacto de goberno entre o PP e Espazo Común, hoxe chegaron as explicacións. A pesar de non haber novo goberno, consideran que sí chegou o cambio ó ter que afrontar unha etapa de negociacións. O voceiro de ESCO, Adolfo Nogueira, compareceu esta mañá.
Aseguran que propuxeron unha opción de dous anos de goberno para cada un, rexeitada polo PSOE e tamén polo PP pero sen alternativas. Para eles, os únicos que tiveron vontade de negociar foi Espazo Común e agardan tamén explicacións por parte dos demais grupos ó rexeitamento.