Espazo Común pide recuperar os seis traballadores de Orientación Laboral

IES CHAMOSO LAMAS

A formación pide a reactivación deste departamento e a posta en marcha do Plan de Emprego Municipal acordado por tódolos grupos en maio. Afirman que nun contexto no que o desemprego sobe de xeito terrorífico non é de recibo que se permita a súa desaparición e se sigan perdendo iniciativas coma os obradoiros ou os plans integrados de emprego.

Aseguran que dende febreiro, o derradeiro mes antes do primeiro confinamento, a novembro, o paro no concello aumentou nun 25 %. Subindo de 853 a 1062 persoas.

HIPER MASIDE

No ano 2015 a concellería de Promoción Económica, deu forma a Área de Orientación Laboral. Un departamento que chegou a contar con 6 persoas traballando a un tempo para asesorar e procurar fórmulas de toda índole para a redución do número de parados.

No ano 2019, perdeuse por primeira vez en moitos anos o Obradoiro de Emprego que permitía a vinte persoas desta comarca traballar durante 9 meses e no 2020, perdéronse dous Obradoiros e o Plan Integrado de Emprego.

A Área de Orientación Laboral viuse reducida de 6 a 2 persoas que ademais teñen que adicar gran parte do seu tempo ás entrevistas que lle marca o Servizo de Emprego.