Semana Santa ca nova normalidade, sen restricións en Galicia e a punto de retirar a máscara en interiores

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 10/03/22.

A Xunta reduciu as medidas restritivas que aínda estaban vixentes, cunha excepción: seguirase esixindo o certificado de covid para as visitas ás persoas ingresadas en hospitais e residencias de maiores. A hostalería volverá a funcionar esta Semana Santa con normalidade. Xa non haberá limitación de comensais por mesa nin distancia obrigatoria entre eles.

Elimínase tamén o protocolo de celebración de concertos e espectáculos ao aire libre e a prohibición de comer ou beber no transporte ou sistemas de rexistro de clientes en centros comerciais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Galicia afronta así un novo paso cara á normalidade e a convivencia co coronavirus, que se completará o próximo 20 de abril, cando entre en vigor a nova norma sobre o uso da máscara, que eliminará a obrigatoriedade nos espazos interiores salvo algunhas excepcións (hospitais, centros sociosanitarios e transporte público, en principio).