O concello organiza un obradoiro de mecánica básica da bicicleta para o alumnado de 6º de primaria

A Área de Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño organiza un obradoiro de mecánica básica da bicicleta para alumnado de 6º de educación primaria dos centros educativos públicos e concertados da vila. Estará impartido por Roberto Rodríguez (bicis Sobre Rodas)e desenvolverase os días 6 e 20 de xuño.

Neste obradoiro, que durará unha hora,  achegaránselle ao alumnado varios aspectos que deben ter en conta á hora de saír coa bicicleta:

AVANTAR ACTIVIDADES

– a seguridade é o primeiro,  farase un repaso pola indumentaria do usuario da bicicleta: casco, chalecos reflectores, lentes, luvas…

se coidas da túa bici coidas de ti, explicaranse as partes da bicicleta e o seu coidado, pequenos trucos para conservala en bo estado e aprender a resolver pequenos arranxos como pode ser usar a bomba para dar aire, subir ou baixar a sela, o guiador ou colocar un parche nunha cámara pinchada.

uso de boas prácticas co medio natural moi importante  incidir no respecto e coidado do medio e no uso responsable da bicicleta e que sexan conscientes das posibilidades e vantaxes que proporciona o bo uso deste vehículo.