A Xunta inicia traballos de rozas en catro vías autonómicas do Carballiño e Ribeiro

A Xunta iniciará este luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas da provincia de Ourense e continuará cos iniciados nas vías das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra.

En concreto, a vindeira semana comezarán estas intervencións na OU-171, no Carballiño e no Irixo; na estrada OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-402 en Castrelo de Miño e Ourense; e na vía de altas prestacións VG-3.1 en San Cibrao das Viñas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais proseguirán as limpezas que xa se veñen desenvolvendo nas últimas semanas na OU-504, nos municipios ourensáns do Carballiño, Maside e Leiro; e na AC-102, ao seu paso por Cerdido, na provincia da Coruña.