Nestes datas de Nadal son moitos os que se animan a decorar os seus fogares. Algúns veciños da contorna aumentan a tradición adornando rúas e pobos. Os veciños da rúa Caridade do Carballiño xúntanse para dar cor e ilusión ao seu pequeno barrio cunha decoración de Nadal especial. Este ano representaron un nacemento, para o que contaron coa colaboración dunha tenda do Barco de Valdeorras, que cedeu algunhas figuras.
Dende este barrio queren animar a outras zonas do Carballiño a que adornen as súas rúas por estas datas, para encher de ilusión o Nadal. Como idea, lanzan a petición de que o concello faga tamén un concurso de decoración dos barrios.