Os alcaldes do Carballiño e do Ribeiro tomaron posesión do seu cargo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este sábado, 8.000 alcaldes tomaron posesión do seu cargo en España. No Ribeiro, todos os concellos teñen unha maioría que posibilita un goberno estable, sen incidencias, como a primeira maioría absoluta de Ribadavia para César Fernández.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén en San Amaro, Fernando Redondo revalidaba o seu posto de alcalde despois dunha lexislatura convulsa, conseguindo unha maioría absoluta que lle permite solvencia no seu goberno.

No Carballiño, tres concellos afrontaban cambios. En Punxín Compromiso por Galicia pactou co Partido Popular para garantir a goberno do concello. Manuel Vázquez continua como alcalde, sendo o concelleiro de CxG, Eladio Fernández, tenente alcalde único.

No Irixo, finalmente investiuse a Manuel Cerdeira do PP con maioría simple ó non haber pacto entre Xuntos polo Irixo e o PSOE.

No Carballiño, tamén temos que falar de goberno para a lista mais votada, a do PSOE liderada por Francisco Fumega, ó non haber acordo entre o PP e Espazo Común. O alcalde augura unha lexislatura de diálogo e agarda a cooperación de todos os grupos, que se mantiveron dispostos a tender a man.