O concello do Carballiño acolleu esta mañá a rolda de prensa da presentación dun novo Circuíto Galego de Teatro Amador 2023, organizado polo grupo carballiñés Tiruleque. O seu presidente, Pepe Prada, estivo hoxe acompañado por outros membros que forman parte deste grupo.
A programación contará o 24 de xuño con Teatrino, ca obra “Encaixadas”; o 25 de xuño, Falcratrueiros trae a obra “Clown War”. O 1 de xullo, será a quenda de Tiruleque, cos seus “Microtirulos” e poñerá a nota final a obra “Vaia idiotas” de Damecuerdaqueteatro.
O concelleiro de cultura, Diego Fernández, destacou a importancia do teatro na programación cultural do Carballiño, e a súa aportación e a forza que está collendo nos últimos meses.