A comunidade galega rexistra hoxe 905 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 18.807. A ocupacións das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe mantense estable nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 43 están en UCI e 285 en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 71 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben ata os 1.763 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 40 persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 na UCI.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade