O BNG aposta por avanzar en dereitos laborais e democráticos a partir do 12X liderando a Xunta de Galiza cun novo status

Noa Presas: “precisamos de máis capacidade de autogoberno que nos dea máis recursos para activar  a nosa economía cara un país máis xusto e máis social”

Publicidade

A formación nacionalista defende a creación dun Plan Galego de Sinistralidade e unha Lei de Localización Empresarial e Cláusulas de Contratación

. A organización nacionalista levou a cabo un encontro sectorial con traballadoras e traballadores para ofrecerlle a alternativa política tras once anos de Partido Popular “co motor parado: precariedade laboral e coa maior crise industrial da historia”. A cabeza de lista do BNG, Noa Presas, apostou por un cambio de modelo económico e social máis xusto que permita vivir e traballar “nesta terra”. Asemade, comprometeuse a defender os intereses da clase obreira galega e reverter as consecuencias da derradeira crise.

Durante o encontro, a cabeza de lista recoñeceu a labor da organización sindical nacionalista xa que, segundo afirmou “hoxe a situación da clase traballadora galega sería máis precaria sen a súa labor” ademais de ter un papel “incasábel na defensa dos dereitos e do país. “É o nacionalistmo galego, sindical e político, quen ten dado as grandes batallas nestes últimos anos . Somos quen máis capacidade de mobilización temos neste país” apuntou Presas durante a súa intervención.

“Precisamos unha alternativa propia, que faga valer este país e que aposte por unha lei de localización empresarial e cláusulas de contratación” sinalou Presas. Asemade, lembrou que o BNG apostará por crear un Plan Galego de Sinistralidade e apostará por avanzar nos dereitos laborais e democráticos cun novo status: “precisamos de máis capacidade de autogoberno que nos dea máis recursos para activar  a nosa economía cara un país máis xusto e máis social”.

Así mesmo, alertou que o 12X o futuro de Ourense pende dun fío polos debates “conxelados” ao longo destes once anos de goberno de Partido Popular á fronte da Xunta de Galiza: “o acceso ao polígono, a intermodal, a perda de trens, o abandono do rural” enumerou a candidata. Mais desde a organización política apuntaron que o día das eleccións “podemos cambiar o futuro” sinalando a que só hai dúas opcións: “ou repetir os erros de 2009 cando se rescataron os bancos e non ás persoas; ou facer algo diferente”.

Capacidade de mobilización do nacionalismo organizado

Asemade, destacou a labor promovida pola CiG durante esta última lexislatura do Parlamento de Galiza coa recollida de sinaturas para as ILP da Tarifa Eléctrica Galega e dos Saltos Hidráulicos, tamén apoiadas polo BNG cando chegaron á cámara galega. “Sen o nacionalismo galego, estes debates non estarían enriba da mesa” reivindicou a candidata do BNG.

Por outra banda, sinalou que Galiza e Ourense se atopan nun momento clase ante a inminente crise da COVID-19 e os debates abertos no seo da Unión Europea e o Estado español, posto que se achega “máis centralismo e máis neoliberanismo”. A única maneira de contrarrestar estas amezas, segundo resolveu Noa Presas, pasan por “máis soberanía e máis nacionalismo. Precisamos unha CiG forte pero tamén un BNG forte”: