Ribadavia acollerá os días 10 e 11 de outubro a sétima edición da Feira ReVive

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A artesanía sustentable será o eixo de dúas xornadas con obradoiros, arte, conversas e música baixo o lema Reutiliza, Transforma, Conecta

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia, 28 de setembro de 2026.– O Concello de Ribadavia organiza os días 10 e 11 de outubro a sétima edición da Feira ReVive, unha cita arredor da artesanía sustentable que convida a reutilizar materiais, transformalos e compartir coñecementos. A programación combina propostas para crear coas mans con espazos de encontro, arte e música.

A feira abrirá o sábado 10 ás 11:30 horas cunha exposición de arte de Vanessa Rodríguez e Nekojitanee. Ás 12:30 celebrarase un obradoiro de herbolaria con Vanesa Perozo. Pola tarde, ás 16:00, Lorena Quintas ofrecerá unha charla sobre o xogo de fíos; ás 17:00, Carolina Atuesta impartirá un obradoiro de creación de flores con tea reciclada; e ás 18:30 actuará Sambadelia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O domingo 11 comezará ás 11:30 cun encontro de debuxo conducido por Carolina Atuesta, acompañado da lectura de poemas de Briams e da música de Dalia, baixo o título “Misa de Otoño”. Ás 12:30 terá lugar un obradoiro de xabón de feltro con Madejas Tejerlo. A programación continuará ás 15:30 co obradoiro “Pequenos cambios, grandes conversas”, de Pequeno O Ribeiro, e ás 16:30 cunha charla sobre o movemento panafricanista de Galicia. DJ Sula pechará a feira ás 18:00 horas.

Dende o Concello de Ribadavia animan á veciñanza e ás persoas que visiten a vila a achegarse a ReVive e descubrir, a través das actividades programadas, novas posibilidades para dar vida aos materiais e ás ideas.

Organiza: Concello de Ribadavia.
Colaboran: Eroski, Aceit e Hostal Plaza Ribadavia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------