O concello de Boborás está inmerso nun ano cheo de novos proxectos. Entre eles atópase un moi necesario, o novo centro de saúde. Nos últimos meses, o concello conseguiu a colaboración da Deputación de Ourense para a adecuación do entorno desta edificación, unhas obras que están xa rematadas. Agora, segundo a alcaldesa, están á espera dos trámites da Xunta para a licitación da obra e quizais o seu comezo neste ano.
Esta obra cambiará a fisionomía da zona na que se atopa, xa que o entorno contaba tan so co colexio e o edificio multicultural. Cas obras que se están executando, agora estará composto polo centro de saúde e tamén pola piscina municipal e outras infraestruturas a futuro.