Logo dos bos resultados acadados nas pasadas eleccións municipais, o BNG aumenta a súa representación no Ente provincial pasando de un a tres deputadas e deputados
Ourense, 05 de xullo de 2023. Nas eleccións municipais do pasado 28 de maio, o BNG conqueriu, grazas ao aumento exponencial de votos e representantes nas diferentes Corporacións municipais, elevar a súa representación na Deputación provincial de Ourense. Se no mandato 2019-2023 o BNG contaba cun único representante, no mandato que está a piques de iniciarse serán tres as deputadas e deputados cos que conte a formación nacionalista.
Logo do proceso de escolla realizado a nivel comarcal por parte das Concelleiras e Concelleiros recentemente elixidos en cadanseu Concello e das propostas realizadas, o Consello Nacional do BNG celebrado o pasado 16 de xuño, nomeou como deputadas e deputados provinciais ás persoas que a continuación se detallan, destacando a presenza novamente de Bernando Varela, deputado no anterior mandato e recoñecido polo seu traballo, a súa seriedade e o seu rigor á hora de exercer as súas responsabilidades tanto no Concello de Allariz como na institución provincial.
A Varela acompañarano dúas persoas con ampla experiencia na xestión e cun profundo coñecemento da realidade política municipal e provincial. María Xosé Mangana, exerceu, no goberno do BNG, como tenente-alcalde no Concello de Baños de Molgas e Xosé Manuel Puga, foi xefe de gabinete na Consellería de Medio Rural dirixida entón por Alfredo Suárez Canal e actualmente é técnico xestor de fondos europeos.
TITULARES
1. Bernardo Varela López (Allariz).
2. María Xosé Mangana Guede (Baños de Molgas).
3. Xosé Manuel Puga González (Ourense)
SUPLENTES
1. Marcos Nogueiras Rodríguez (Vilar de Santos)
2. Vanessa García Rodríguez (Xunqueira de Ambía)
3. Carmen Armento Soto (Nogueira de Ramuín)