O Carballiño adica a 61ª Festa do Pulpo ao Camiño Miñoto Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Festa do Pulpo de O Carballiño dedicará este ano a súa 61 edición ao Camiño Miñoto Ribeiro. O obxectivo é, grazas á súa internacionalidade recoñecida o pasado ano, dar un pulo  para conseguir o recoñecemento do camiño dentro da Ruta Xacobea. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, mantiveron un encontro co alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco; e os seus homónimos de Vedra e da Arnoia, que forman parte da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro, para dar conta desta decisión.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A entidade creouse en 2014 para recuperar, difundir e acadar a oficialidade do Camiño Miñoto Ribeiro a Santiago. É unha das rutas máis antigas que unía o norte de Portugal con Compostela. A maior parte do seu trazado segue os mesmos camiños, vías romanas e camiños medievais.