Os concelleiros e traballadores do concello do Carballiño organizaron na mañá de hoxe unha homenaxe ó xefe de prensa, Carlos Rodríguez, que iniciou o seu traballo nesta administración en 1995 e que celebra a súa xubilación. Durante este acto, o homenaxeado recibiu varios obsequios, entre eles un trofeo con forma de micrófono de radio, que simboliza unha das súas labores profesionais durante a súa traxectoria. O tenente alcalde, Manuel Dacal, amosou a satisfacción xeral de todo o persoal da corporación e do concello ca labor realizada por Carlos Rodríguez.
O homenaxeado recordou con boas palabras esta etapa laboral no Carballiño, facendo fincapé en que o seu obxectivo era traballar en favor da vila. Para o concello, recórdalles que poderán contar con el aínda que estea inactivo. Carlos Rodríguez comezou a traballar no concello do Carballiño en 1995 ata que en 2005 foise para Santiago como xefe de gabinete de Pachi Vázquez, por aquel entonces conselleiro de Medio Ambiente. Logo estivo cinco anos no Consello de Administración da Compañía de Radiotelevisión de Galicia. Despois de dez anos, volveu ó Carballiño.