A Coral Polifónica do Casino do Carballiño presenta o cd “Abioxénese 79”, co que conmemora o 40 aniversario da súa creación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Coral Polifónica do Casino do Carballiño cumpriu o pasado ano 2019 o 40 aniversario da súa creación, e por eso a comezos deste ano 2020 gravou un CD co título de “ABIOXÉNESE 79”, como unha homenaxe ao orixe da entidade.

VIDEO

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este CD foi presentado hoxe no salón de plenos do concello nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director da coral, Jaime García Pechel, e o presidente e vicepresidenta da entidade, José Luis Castro e Pilar Caballero, respectivamente.

O CD contén dez cancións, que resumen a actual etapa da coral, en base a un repertorio de música galega, música clásica (barroca) e músicas do mundo. Así mesmo, inclúe un libriño de oito páxinas no que se conta a historia da coral e as colaboracións especiais na gravación do disco.

Entre estas colaboracións figuran unha sección da Banda de Música de Vilatuxe, a pianista Alba Raña e os percusionistas Sander Ulloa, Esteban Decabo, Luis García, José Luis Castro, Antonio González e Emilia Pérez.

Francisco Fumega felicitou á entidade polos corenta anos de historia e pola edición deste CD, e agradeceu o traballo que realizan, levando o nome do Carballiño por Galicia, España, Portugal e outros países, referíndose en especial ao presidente, vicepresidenta e ao seu director.

Jaime García Pichel relatou o proxecto desenvolvido pola coral o pasado ano 2019, co gallo do 40 aniversario, e que rematou coa gravación do CD “Bioxénese 79”, como unha mirada ao principio da vida da entidade  Tamén destacou a Festa da Mimosa, o Festival Galaico-Portugués, o Nadal e varios concertos no rural.

O director da Coral do Casino asegurou que este CD é un reflexo fiel do que é a agrupación actualmente, que son felices co seu traballo e que queren perdurar o enorme legado cultural da entidade.

Pilar Caballero agradeceu a colaboración do concello e doutras entidades, que figuran na contraportada do CD, e referiuse ao director da coral como un dos baluartes que contribúen á unidade do grupo e que transmite uns valores moi positivos. Tamén se referiu ao gran número de actuacións que tiñan previstas para este ano pero que, por causa da pandemia, estanse retrasando e non se sabe cantas se poderán celebrar. Nesta tesitura tamén se atopa o Festival Galaico-Portugués.

Finalmente, destacou o traballo ímprobo que supuxo gravar o CD, así como  os ensaios e a gravación dun vídeo difundido pola redes sociais durante o confinamento.

Diego Fernández tamén se referiu a este videoclip, dicindo que era digno de eloxio, e reitrou o xa dito polo alcalde, destacando a contribución da Coral do Casino á cultura no Carballiño, e que se plasmou co programa extraordinario desenvolvido o pasado ano e coa gravación deste CD.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------