- Desenvolverán actividades relacionadas coa música e a linguaxe musical con outras de lecer, como xogos grupais, piscina ou excursións, co obxectivo de potenciar os valores que transmite a música a nivel cognitivo e interpersoal
- O delegado territorial lembrou que esta proposta forma parte da campaña de verán do Goberno galego, que oferta en concellos de toda a provincia de Ourense máis de 1500 prazas, entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras actividades
- Gabriel Alén destacou tamén que a Xunta organiza este verán un total de once campos de voluntariado na provincia de Ourense, que suman máis de 165 prazas
Ourense, 20 de xullo de 2023. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, José Luís Gavilanes, aos rapaces e rapazas, de entre 9 e 12 anos de idade, que participan do 15 ao 22 de xullo das actividades do Albergue de Abeleda, no concello de Xunqueira de Ambía, e que están a desfrutar, baixo o epígrafe ‘Tocando o Violín’ de actividades relacionadas coa música e a linguaxe musical con outras actividades de lecer como xogos grupais, piscina ou excursións, co obxectivo de potenciar os valores que transmite a música a nivel cognitivo e interpersoal.
O delegado territorial lembrou que esta proposta forma parte da campaña de verán da Xunta de Galicia, que oferta en concellos de toda a provincia de Ourense máis de 1.500 prazas, entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras actividades.
A estes campos, hai que engadir os campamentos, os minicampamentos ‘Coñece Galicia’ e outras actividades que a Xunta organiza na provincia ourensán ao abeiro da campaña de verán deste ano, e que supoñen máis de 1.500 prazas para que os nenos desfruten das súas vacacións e as familias poidan conciliar.
O Albergue de Abeleda
O Albergue de Abeleda conta con catro 4 habitacións, con capacidade aproximada de 10 liteiras por habitación. Ten tres baños 3 con duchas e inodoros, distribuídos da seguinte forma: 1 baño masculinos e 1 baño feminino, e 1 baño adaptado. Ademais, conta cunha cociña e un salón-comedor. Respecto das instalacións exteriores, posúe unha entrada cun zona propia de asfalto e un parque infantil de herba para uso do alumnado.
As Escolas Vellas teñen diferentes espazos para realizar os talleres musicais, así mesmo, contan cun parque infantil de uso privativo. Todos os espazos son accesibles para persoas con mobilidade reducida. O Albergue de Abeleda é tan só dunha planta e ten acceso directo a pé de rúa, as habitacións están compostas por liteiras. As Escolas Vellas teñen unha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida.