O Orfeón cumpre 30 anos e homenaxea a Reza Cabano no ‘Festival de Habaneras’

O ‘Festival de Habaneras’ acada a súa 29ª edición e celebrarase o vindeiro sábado 29 de Xullo da man do Orfeón do Carballiño, cunha emotiva homenaxe ao que fora seu director durante os seus primeiros anos de andaina, José Luis Reza Cabano. O evento terá lugar dende as 8,30 da tarde no Auditorio Manuel María, e contará coa participación da coral polifónica de Teis-Vigo, da rondalla Alfaia de Cenlle e da agrupación musical anfitriona.

O salón de actos da Casa do Concello acolleu, este mediodía, o acto de presentación do festival e do cartel, deseñado por Mari Carmen González. O alcalde, Francisco Fumega, fixo a introducción.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da agrupación, Rogelio Rodríguez, que anunciou a edición dun libro coas composicións de José Luis Reza.

O director do Orfeón, Christian Casas, destacou os 30 anos de traxectoria do colectivo e o repertorio que ofrecerán.

Pechou o acto o concelleiro de Cultura, Diego Fernández: