As súas función serán de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública que garantan unha votación segura e sen risco.
Os voluntarios de protección civil encargaránse de colocar as mesas con material hixiénico con acceso fácil e visible para o uso dos votantes.
Informarán ós votantes da obligatoriedade de acceder ó local con máscara e de manter a distancia de seguridade.
Axudarán os electores cos fluxos de saída e entrada dos locais evitando que se produzan aglomeracións.
Colaborarán para a súa entrada no local de un en un salvo no caso de que a persoa precise de axuda, sempre dando prioridade de acceso as persoas maiores e con mobilidade reducida.
E por último, supervisarán o longo da xornada que o material de protección disposto nos lugares estratéxicos sexa suficiente e reporano cando se acabe.