O campamento Galideporte San Cibrao remata este venres tras 3 semanas repletas de actividades

O campamento da por rematada a súa actividade tras acoller a casi 180
nenos de entre 6 e 14 anos co obxectivo de transmitir valores relacionados
co fomento do respeto da natureza, o traballo en equipo, a empatía e o
compañeirismo.
🡺 Visitas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, excursión á praia e
moito deporte son as bases desta iniciativa.
San Cibrao das Viñas, xoves 20 de xullo de 2023
Este campamento multideportivo e cultural destinado a nenos e nenas do
municipio, dase por rematado despois de 19 días nos que predominaron: as
actividades deportivas grupais, o enriquecemento cultural e, por suposto, a
diversión dos máis novos. Organizado polo Concello de San Cibrao das
Viñas dende a súa área de Deporte e Cultura en colaboración con
Ociosaugal, resultou todo un éxito tras esgotar as súas casi 180 prazas.
Leváronse a cabo actividades tan diversas coma: fútbol, basket, atletismo,
natación, waterpolo, rugbi, senderismo, baile ou xogos populares. A través delas,
pretendíase transmitir unha serie de valores relacionados co fomento do
respeto pola natureza, o traballo en equipo, a empatía e o compañerismo
a tódo-los pequenos.

Organizáronse xornadas especiais coa celebración do “Día das Forzas e
Corpos de Seguridade do Estado” na instalación deportiva de Ponte Noalla, onde
os nenos e nenas puideron coñecer de preto a múltiples personalidades que
forman parte da Policía Nacional, Autonómica, Garda Civil, Exército de Terra e
Bombeiros de San Cibrao. A Subdelegación de Defensa e a Brilat de
Pontevedra fixeron posible que todos puidesen gozar dun día repleto de
sorpresas, como a chegada do helicóptero de tráfico.
Durante a segunda semana, os pequenos pasaron dous días de aventuras
á beira do mar coa visita a Praia América. Tras múltiples xogos, dinámicas
grupais e moito mergullarse na auga… Voltaron completamente encantados.
Tamén tiveron tempo para aprender as normas de circulación e fixeron o seu
propio carnet de condutores.
A alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, non podía máis que
expresar a súa ledicia e gratitude polo bo recibimento das actividades:
“Sentímonos moi orgullosos de estar a construir un sistema de coidados
e ocio para os máis noviños da casa, que poida axudar á conciliación de
todas as familias do municipio. O noso obxectivo é facilitar a vida dos
pais sen que a dos rapaces perda ningún tipo de calidade, facéndoos
sentir cómodos e seguros a través destas iniciativas”. Tamén moitos pais,
mostraron o seu agradecemento a apoio con mensaxes a través das redes sociais
do Concello.
Deste modo, con todos os nenos felices, os pais encantados e uns
organizadores satisfeitos, despídese o campamento de verán Galideporte
San Cibrao. Todos agardan que non sexa unha despedida, senón máis ben un
deica logo, ata o vindeiro ano.