Ribeiro en Común critica a supresión dunha aula no colexio de Ribadavia, por segundo ano consecutivo.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia é un dos oito colexios nos que a Xunta reduce aulas de infantil, no caso do noso municipio por segundo ano consecutivo.

Desde Ribeiro en Común recordamos que a única política educativa do PP en Ribadavia é a do recorte de profesorado e peche de aulas. Sendo o recorte de maior gravidade o peche do Colexio da Alameda en 2020, e como xa advertimos daquela desde o noso grupo non ían ser os últimos recortes.

Ribeiro en Común demándalle a Xunta que cese nos recortes e cambie os criterios actuais que xustifican peches de aulas en ensino infantil e primaria.