O festival de música electrónica terá como cabeza de cartel a Dirty Suc que estará en Ribadavia xunto aos Djs Iván Codeso, Saúl Gallego, Rivero e Jose Grande, Guille Beltrán ou Kike Varela, ademais dos Djs locais os Chemigal Brothers.
Ribadavia, 2 de xullo de 2024.- O artista multidiscilpinar Dirty Suc será o caneza de cartel do festival de música electrónica “Aviafest”, que se celebrará o vindeiro 6 de xullo na pista do instituto de Ribadavia. O festival, que inicia a súa andadura neste 2024, está organizado pola asociación “Aviafest” e traerá a Ribadavia, ademais do artista Dirty Sucs a Djs referentes do panorama nacional coma é o caso de Iván Codeso, Saúl Gallego, Rivero e Jose Grande, Guille Beltrán ou Kike Varela que ven de actuar na reciente edición de “O son do Camiño”.
Tal e como informan dende a asociación Aviafest, “Dirty Suc é un artista multidisciplinar, intérprete e compositor natural de Vigo, actualmente afincado en Madrid e con unha ampla traxectoria na nova onda de música urbana en España. Posúe un amplo catálogo de cancións en solitario con estilo persoal e diferentes colaboracións con artistas como C. Tangana, Hard Gz, Love Yi, MDA, ThePoing o Recycled J entre outros.
Un incesante ritmo de shows e xiras en escenarios como: O Marisquiño, RAZZMATAZZ, Festival Rompetiño, Joy Eslava, Costa Social Club, Chalana Playa Club, Overdose Club, Riverland Fest… Compartindo cartel con artistas da talla de C. Tangana, Yung Beef, Maka, Dellafuente, Arce, Recycled J, Sticky M. A., Costa, Denom, Takers, Zetazen, Delaossa… fan de Dirty Suc un importante reclamo para esta primeira edición do Aviafest.
Aa entradas ao festival Aviafest teñen un prezo de 10 € e poden adquirirse por anticipado na web www.woutick.es ou en taquilla no propio día do evento.