O ‘Día da Bici’ chega á súa 19º edición cun percorrido de 0ito quilómetros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño acollerá o vindeiro domingo 13 de outubro unha nova edición do Día da Bici cun percorrido total de 8 quilómetros dende a praza da Veracruz polas rúas da vila e o Parque municipal, e para a que xa está aberto o prazo de inscrición nas oficinas da área de Deportes da Casa do Concello. Nesta 19ª edición, o Concello conta coa colaboración de Máis Deporte de La Región, que agasallará cunha camisola aos primeiros 250 ciclistas inscritos, e haberá circuitos especiais para cativos, avituallamento á chegada e remate cunha gran festa final co DJ Tibu.