Fabiola García destaca o traballo das viúvas de Galicia

Publicidade

 A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o traballo da Asociación de Viúvas de Galicia no apoio ás mulleres. Fíxoo durante unha visita as súas instalacións en Ourense, na que mantivo un encontro con algunhas das súas integrantes.

Fabiola García sinalou que a través do seu programa de actividades, danlle a posibilidade ás súas usuarias de iniciar novas afeccións e mellorar así a súa calidade de vida. Neste sentido, agradeceu as súas responsables por convidala a coñecer as súas instalacións.