A Madalena, en Ribadavia, acolle unha exposición de Xuderías

Dentro das actividades programadas en Ribadavia con motivo das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, exponse a obra fotográfica ‘Benjamín de Tudela, un viaxeiro no tempo’, con cincuenta e dúas fotografías do artistas tudelano Jesús Áraba.

Trátase dun percorrido polo “roteiro do viaxeiro máis internacional da Idade Media: de Tudela a Xerusalén por Roma, Alexandría ou París.” Unha obra que que reflicte o estado recente das xuderías e dos países que Benjamín de Tudela visitou entre 1163 e 1174 e impresións recollidas despois no seu Libro de Viaxes, publicado en Constantinopla en 1543. Está ubicada na Madalena e pode verse de martes a domingos das  18:30 ás 20:30h. E os sábados e domingos de 11:30 a 13:30h.

AVANTAR ACTIVIDADES