A espectacular ‘Baixada da Pepa Loba’, un atractivo máis da tradicional feira do barrio de Flores

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un ano máis, o grupo de teatro Dar Trela foi quen de atraer a un numeroso público para presenciar a tradicional ‘Baixada da Pepa Loba’, un dos actos centrais da Feira Festa da Pepa Loba, que organiza a asociación Veciñ@s e Amig@s de Flores e que se celebra no barrio que deu orixe á vila do Arenteiro.

Nesta edición, o percorrido polas rúas do casco antigo do Carballiño iniciouse na propia Casa do Concello e rematou na Praza do Tupino, cunha historia pragada de crimes pasionais e corrupción política, na que se mesturaron alcaldes, obispos, empresarios e empregadas municipais, ata un desenlace con conflictos familiares de fondo coa Pepa Loba como eixo.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No traxecto, unha sentida homenaxe na lembranza de Rosa Núñez, a creadora e impulsora desta feira popular, na que se combinan os tradicionais oficios con exposicións e obradoiros de artesanía, actos literarios, música, deportes autóctonos como a chave e moita confraternidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------