O BNG celebrará o día da Patria Galega cunha gran mobilización

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Baixo o lema “Imos a máis para unha nova Galiza”, desde a formación nacionalista encaran o día da Patria Galega co convencemento de celebrar ante miles de persoas o gran futuro que nos espera

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 22 de xullo de 2023. Como cada ano, desde o BNG faise un chamamento ao conxunto da veciñanza galega e nomeadamente de Ourense, para participar activamente dos actos organizados para o vindeiro 25 de xullo, día da Patria Galega.

Ás 12:00 horas comezará a xa tradicional manifestación nacional que partirá da Alameda de Santiago de Compostela e que rematará na Praza da Quintana onte terán lugar as intervencións do cabeza de lista por Lugo, Daniel Castro, da Secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez e da Portavoz Nacional, Ana Pontón.

Durante os días previos, o BNG está a desenvolver unha campaña divulgativa en diferentes localidades para informar dos actos previstos e conmemorar cunha gran festa o 25 de Xullo, Día da Patria Galega.

Desde a formación nacionalista, faise un chamamento a todos os galegos e galegas a participar na manifestación nacional e no acto público na Praza da Quintana para celebrar a vitalidade da nación galega. Fronte aos discursos reaccionarios e centralistas, o BNG aposta por unha “Galiza viva, libre e con futuro” e por iso, afirman, o 25 de xullo cómpre demostrar toda esa potencialidade celebrando con forza o día da nosa nación, o Día da Patria Galega.