O Partido Popular foi o claro gañador nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular obtivo o maior número de votos nas comarcas do Ribeiro e do Carballiño, logrando o triunfo en tódolos municipios agás no de Carballeda de Avia, onde gañou o PSOE, formación á que pertence o seu alcalde, Luis Milia. A porcentaxe do 33% obtida polo PP a nivel estatal foi ampliamente superada no concello carballiñés, ao acadar un 56% dos votos emitidos, mentres os socialistas lograban un 25% por un 6,75% do BNG, quedando Vox un punto por baixo, mentres Sumar achegouse ao 4%.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Uns resultados que foron valorados polos diferentes responsables políticos, entre eles Manuel Nogueira, un dos candidatos ao Senado, e único da comarca, que presentou Sumar pola provincia de Ourense, onde o PP obtivo o pleno de tres representantes.

O coordenador do PSDEG-PSOE na comarca, Diego Fernández, que presidiu onte un colexio electoral no Auditorio, falou dos resultados.

Finalmente, Argimiro Marnotes, presidente do PP carballiñés, destacou o triunfo da súa formación.